O
ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna / A
situación de España nos países da nosa contorna
A situación de
aprendizaxe en España dista moito do estilo, e tamén do resultado, dos outros
países de Europa.
Hoxe en día
fálase cada vez máis da imperiosa necesidade de dominar idiomas sobre todo para
progresar no ámbito laboral, e tamén para poder defenderse no caso de ter que
cambiar de país de vivenda debido á alta taxa de deslocalización de empresas
debido á globalización.
Nestes temas
faise unha análise dos sistemas educativos nos países que máis destacan nos
resultados dos informes PISA creados pola OCDE para avaliar o nivel dos
estudantes a nivel internacional. Céntranse en tres áreas: matemáticas e
coñecemento lóxico, comprensión lectora (materias de linguas) e ciencias
(coñecemento científico). E sempre aparecen en primeira plana nos xornais e
telediarios.
Desde o meu punto
de vista, estes resultados non aportan moito valor real ao sistema educativo,
posto que a OCDE é a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento
Económicos, que non ten nada que ver con ensinanza, didáctica ou pedagoxía, co
cal o que realmente buscan é que a xente estea formada adecuadamente coas
destrezas buscadas para conseguir man de obra eficiente para as empresas, non
necesariamente ben formada en cultura e valores. Opino que se trata dunha
estratexia ben organizada polas grandes empresas que manexan as cordas desde
detrás dos gobernos para facer alumnos competitivos entre eles e con destrezas
adecuadas ao que eles buscan, e que non velan pola formación real das persoas.
De calquera
xeito, é indiscutible que algúns destes países analizados están na cabeza dos
listados por cadenseu destacado motivo, e eses motivos son os que se analizan a
continuación.
Empezamos polo
caso finlandés, que é o máis interesante polas súa situación de mellora
repentina en moi poucos anos e que consiguiu alcanzar o podio. No caso
finlandés, este tratábase dun dos países menos destacados en grao de educación,
posto que ao tratarse dun país con poboación moi reducida e pouca capacidade
monetaria, a maioría do seu presuposto ía dirixido ao gasto en defensa. En
canto a situación do país cambiou, eses gastos pasaron a inverterse en
educación e tecnoloxía.
A ensinanza
finlandesa está baseada na aprendizaxe a través do método construtivista. Este
conclúe que, para que se obteña unha aprendizaxe real e non pasaxeira, esta
debe ser levada a cabo polo propio suxeito a través da súa acción activa e consciente,
e non simplemente retransmitido.
Cabe destacar que
existen tres teorías do constructivismo realizadas por os tres autores máis
destacados e recoñecidos que son Piaget, Vygostsky e Ausubel. A primeira explica
que o suxeito interactúa co obxecto de coñecemento, a segunda, que o
coñecemento se forma coa interacción cos que nos rodean e a terceira, asegura
que só así o coñecemento pode ser significativo para o suxeito.
Así trátase dunha
aprendizaxe única, baseada nuns contidos, un método e uns obxectivos, construída
a partir dos coñecementos previos, que favorece o desenvolvemento dos procesos
creativos e cognitivos, alcanzando así unha aprendizaxe real ao ter contacto
directo coa experiencia real.
Na aula vimos
unha entrevista coa profesora finlandesa Maria Peteri. Contaba que os pais
recibían clases para aprender as materias e poder logo así axudar aos seus
fillos. A profesión de docente ten moito prestixio social e está moi ben
remunerado, só os máis preparados poden acceder ao posto.
O currículo é
moito máis extenso que en España e está máis adaptado á realidade. Así tamén,
por lei, ningún alumno pode vivir a máis de 5 km da escola, deben poder ter
acceso a un colexio próximo. E o número máximo de alumnos permitidos por aula é
de 24.
Ademais, se ven
que algún alumno ten problemas académicos, asígnaselle unha axuda. Basean o seu
sistema educativo na política ética de: “No
child is left behind”.De acordo cos datos actuais, un 43 % do alumnado
repetiu algunha vez en España, algo que en Finlandia non acontece porque o
sistema non permite que aconteza, dado que inverten todos os seus esforzos en
facer que pasen.
Así mesmo, a
sociedade tamén desenvolve un papel moi importante no esforzo dunha boa
educación, porque ademais de colaborar na aprendizaxe, tamén reciben permisos
de paternidade pensados para criar os fillos da maneira máis responsable
posible, e tamén se lles facilita o contacto cos centros para o seguimento
académico dos fillos e as ausencias no traballo polas visitas á escola para
falar cos titores.
Outro detalle que
tamén cabe destacar, é a importancia do ensino público, así como a mentalidade
xeral dunha sociedade que basea o seu funcionamento total nas institucións
públicas. Inverten unha gran cantidade dos seus soldos en impostos para que o
país funcione, cren no bo funcionamento do seu sistema e todos os cidadáns
participan para que siga polo bo camiño. Por isto, os pais teñen acceso en
calquera momento ás aulas e a ver o que alí se ensina, así como a ver como
desempeña o seu papel o docente. Nin desconfían nin se enfrontan, todos se unen
para loitar polo ben común e o avance da sociedade. E así, é como Finlandia
encabeza a lista dos resultados PISA, non centrándose en acadar bos resultados,
senón centrándose en evolucionar e crecer como sociedade conxunta.
O modelo
canadense.
Neste caso, ao
tratarse dun país tan extenso, o seu sistema educativo está dividido por
rexións. As 10 provincias teñen os seus plans de estudo e coordínaos da maneira
que considera máis apropiada. Cada territorio presenta o seu tipo de ensinanza.
Así, teñen consellos escolares locais.
Valoran moito a
diversidade e a educación é gratuíta e obrigatoria. Neste caso tamén teñen
escolas privadas, pero por unha causa distinta que á de España, senón pola de
que haxa liberdade de culto. Consideran a educación relixiosa como algo
fundamental de libre elección.
A inversión
económica que reciben do estado é proporcional áo número de alumnado que teñan
as comunidades, aínda que tamén ás necesidades especiais dos alumnos.
Presentan un
elevado grao de respecto cara o bilingüismo, de aí que valoren tanto a
ensinanza de idiomas.
Ademais, aportan
atención personalizada aos alumnos inmigrantes (ou ben que non coñezan a lingua
ou que non coñezan a cultura) e así un coordinador aténdeos a tempo completo.
A educación está
especializada en destrezas laborais. As materias obrigatorias e de libre
elección teñen orientación laboral ou de requirimentos que se lle esixan de
aquela universidade á que queren ir. Desta maneira, evitan o abandono escolar
por parte de aqueles estudantes que atopan traballo.
Teñen un programa
de avaliación continua, coñecido como programa de avaliación pancanadiense.
Este comproba de forma periódica o nivel dos estudantes en lectura, matemáticas
e ciencias en cada unha das rexións (sistema anterior ao dos análisis PISA).
Atenden á
diversidade nas aulas. Parte das subvencións vai destinada á educación
especial. Esta educación especial pódese dar de maneira paralela nas aulas ou
individualmente en clases separadas. Así avalían a evolución de cada neno.
Dan moita
importancia á educación social e emocional. Teñen programas excelentes para
prevenir o bullying e para tratar a
empatía. Pretenden crear persoas comprometidas e solidarias (cabe destacar que
Dinamarca é outro país onde tamén coidan moito este aspecto na educación).
Ao igual que
aquí, teñen escolas primarias e secundarias, e logo teñen institutos técnicos
con programas de estudos preuniversitarios.
Tamén teñen
escolas de idiomas públicas e privadas. Languages
Canada son agrupacións de máis de 130 escolas de idiomas, moitos para
inmigrantes. En Québec chámase franceization.
Con todo estes
factores, pódese entender por que destacan como un dos países con mellor
sistema educativo, porque inverten en formación e na preocupación social dos
membros da súa sociedade.
O modelo xaponés
Este caso tamén é
moi destacado, aínda que bastante controvertido por ser excesivo.
Aquí, o currículo
establécese a nivel nacional.
A lexislación
educativa é estable e duradeira (dende o 1947). Produciuse unha revisión no
2006 pero sen cambios substanciais, só para introducir materias que promoveran
o civismo, o respecto pola tradición e a cultura. Queren formar individuos
independentes. É unha educación moi resolutiva.
Educación
maioritariamente pública e gratuita: Primaria, secundaria inferior, secundaria
superior e universitaria. Os libros están fixados polo Ministerio de Educación,
e son eles quen se encargan de distribuílos de maneira gratuíta.
Teñen bastantes
materias de formación en valores: economía doméstica (cociñar, coser, artes
tradicionais xaponesas como caligrafia (shodo)
ou poesía (haiku). Tamén teñen
cursos de educación moral.
Considérase
esencial que os alumnos desenvolvan unha conduta cooperativa, disciplina de
grupo e respecto as normas. Deste xeito, son fundamentais as normas, a
cooperación e a disciplina de grupo.
O esforzo é
esencial e a competitividade alta. O
éxito está no esforzo, non na habilidade e estratexias.
Si un neno vai
mal no colexio é unha vergonza para a familia e para o país. Un neno non pode
avergonzar a familia. Non pode haber nenos vagos porque hai moita presión e é
unha aberración. Non cabe lugar.
Priman a
habilidade para resolver problemas. Currículo esixente en canto aos contidos,
que é moi amplo e moi exhaustivo. Na aula plantexan problemas que los alumnos
teñen que resolver. Non se trata de memorizar senón de ser capaces de resolver
as cousas.
Na escola non só
se estuda. A comida tráenna eles e tamén limpan o centro. Uns limpan os
pupitres, outros cociñan etc. Enfócanse en saber o que é o traballo e en
equipo.
Estúdase moitas
horas e fanse deberes. Deben praticar Kanji
(sistema de escritura)
As súas vacacións
son de tan só 10 días ao ano. E incluso fan deberes nelas (soe ser un proxecto
que elixen eles)
Os mestres son
moi respectados. Historicamente debían pertencer á clase Samurai. Unha das profesións
mellores pagadas do país.
Ao igual que en
Finlandia, tamén existe a idea de educación en grupo. O país está obrigado a
involucrarse na educación, se o seu fillo presenta problemas na escola, están
obrigados a pedir que un especialista lle axude.
Por toda esta
insistencia e presión é polo que Xapón sempre queda entre os primeiros postos
nos resultados PISA.
O modelo
Surcoreano
Este modelo é moi
similar ao xaponés.
Os aspectos máis
destacados desta ensinanza son a inversión económica que nela se inverte, a
cualificación do profesorado e o prestixio social que este presenta.
Trátase dun país
con moi poucos habitantes e ven a educación como un medio para saír da pobreza.
Os estudantes
dedican literalmente todo o tempo da súa vida en ser o mellor e moi
competitivo, e debido a isto teñen unha taxa de suicidios incriblemente alta,
de uns 40 estudantes ao día, debido ao estrés que lles produce. Ademais,
confesan que un 51 % dos estudantes pensou algunha vez en quitarse a vida.
Só teñen tres
universidades moi competitivas e é moi difícil entrar nelas.
Evidentemente,
este é un modelo que ninguén debería seguir pola súa falta absoluta de cordura
e sentido para a vida.