sábado, 7 de enero de 2017

TEMA 5: As programacións didácticas vixentes

As programacións didácticas vixentes

Neste apartado recóllense as normativas vixentes para as programacións na ESO e Bacharelato, FP e EOI.

As programacións vixentes na ESO e Bacharelato séguese a LOMCE, a última reforma educativa levada a cabo polo actual goberno que introduce novos cambios na estrutura dos estudos.
Así mesmo, os contidos das programacións didácticas veñen rexidos por distintas institucións.
 En Galicia concretamente, é a Resolución do 15/07/2916 a que dita as instrucións para a implantación do currículo da ESO e do Bacharelato nos centros da comunidade autónoma. Logo serán os departamentos didácticos dos centros os que adecuarán o currículo á organización docente do centro.

Esta programación didáctica é o instrumento fundamental de planificación curricular para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe para que se produza dunha maneira optimizada e eficaz.

A estrutura das programacións leve conter de maneira obrigatoria, tal e como recolle o decreto 86/2015 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia, os seguintes apartados:

  1. Introdución e contextualización
  2. Obxectivos
  3. Contidos,  actividades e temporalización
  4. Avaliación
                4.1. Procedemento para a realización da avaliación inicial
                4.2. Criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e mínimos esixibles para superar a materia.
                4.3. Procedementos e instrumentos de avaliación
                4.4. Criterios de cualificación
                4.5. Criterios de corrección
  1. Metodoloxía
  2. Medidas de atención á diversidade. Programas específicos personalizados para alumnado repetidor.  Actividades de reforzo.
  3. Materias e recursos didácticos
  4. Acción de contribución ao proxecto lector
  5. Acción de contribución ao plan TIC
  6. Accións de contribución ao Plan de Convivencia
  7. Actividades complementarias e extraescolares
  8. Materiais e recursos didácticos
  9. Información ao alumnado
  10. Procedementos para avaliar a programación didáctica
Así, o obxectivo é contar cunha programación ben organizada e que permita aos estudantes ter un seguimento máis organizado do seu propio avance da materia e ser capaz de organizarse para poder alcanzar todos os obxectivos.

As programacións vixentes na FP (LOE e LOMCE)

É o Artigo 34 do decreto 114/2010 polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia e artigo 13 do decreto 107/2014, polo que se regulan os aspectos específicos da formación profesional básica do sistema educativo en Galicia.

Así, os centros educativos desenvolverán os currículos adaptando as correspondentes programacións a cada módulo.

Da mesma maneira que na ESO e no Bacharelato, as unidades didácticas deberán incluír as mesmas referencias, aclarando así a adecuación do currículo ás características do ámbito, as unidades didácticas (cos seus pertinentes obxectivos, contidos, criterios de avaliación, actividades, recursos e instrumentos de avaliación), os mínimos exixíbeis para alcanzar a avaliación positiva e criterios de cualificación, o procedemento sobre o seguimento da programación e avaliación da práctica docente.

En canto ás EOI, regúlanse de acordo co Artigo 49 do Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade de Galicia, e adaptarase o currículo e as programacións didácticas ao esixido. Ao igual que as anteriores, deberán cumplir co listado de procedementos e criterios requiridos.

Parécenme interesantes todos estes rexistros que se deberán ter para regular a ensinanza e asegurarse de que os centros o cumpren, pero non creo que só isto vaia a cambiar o sistema. O feito de que se poñan rúbricas non vai a facer que se consigan mellores resultados, pero si está ben no caso de aqueles profesores que puntuaban sen ser obxectivos, para que así no caso de haber reclamacións, poidan ser avaliadas adecuadamente por profesores externos.


O que si é útil é insistir no uso das TICs e de metodoloxías interactivas que consigan motivar ao alumnado, para que así os coñecementos permanezan por máis tempo e sexa máis efectiva a aprendizaxe presente e futura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario