Luns, 9 de xaneiro
Sesión 1 - Carlos Valcárcel
Esta foi a primeira clase que tivemos da materia de didáctica de linguas estranxeiras e sinto que a todos nos deu moi boa impresión, tanto pola actitude de involucración e coñecementos por parte do profesor como pola presentación da materia e a especificación da avaliación.
Sesión 1 - Carlos Valcárcel
Esta foi a primeira clase que tivemos da materia de didáctica de linguas estranxeiras e sinto que a todos nos deu moi boa impresión, tanto pola actitude de involucración e coñecementos por parte do profesor como pola presentación da materia e a especificación da avaliación.
Xa na primeira
clase tivemos a oportunidade de recibir algúns moi bos tips para aplicar na docencia, como por exemplo o de sempre levar
moi ben organizadas as clases e botar man dunha escaleta, para así saber sempre
cal vai a ser o seguinte paso e poder optimizar ao máximo cada aula.
Tamén nos suxeriu
o importante que é aproveitar cada pequena actividade en grupo para facela produtiva
para a aprendizaxe, como o feito de, á hora de facer grupos, mandarlle escoller
nomes para o grupo que sirvan para practicar algún tema da materia, como os adxectivos
ou números.
Así, fixemos unha
actividade na aula que se baseaba na práctica das estruturas gramaticais das WH – questions no inglés. Tiñamos un
límite de tempo para acertar as preguntas, e decateime que, da igual que tipo
de actividade sexa, a xente vólvese moi competitiva e tola por gañar, aínda que
non haxa ningún tipo de premio específico ao final, só o orgullo. Por isto
sempre poñerei limitacións de tempo cando teña que programar actividades nas
miñas aulas, porque é sorprendente a vea competitiva que lle sae á xente cando
se trata de velocidade e ganas de mellorar a autoestima dun xeito saudable.
Da mesma maneira,
tamén nos recalcou o importante que é mostrar reforzos positivos e afectividade
na aula, posto que son imprescindibles para impedir o bloqueo cognitivo.
Aprendín o significado de bloqueo cognitivo ese día, e sentinme moi
identificada persoalmente porque foi o que me pasou a min no bacharelato coa
materia de química, e daba igual que fora máis sinxela que física e
matemáticas, porque se debía a unha obsesión mental persoal que me impedía
atender e entender, e así poder absorber e aplicar os coñecementos. Aprobei
raspado no instituto e suspendín esa materia na selectividade, baixándome así a
nota media porque por rama específica era unha das que máis contaba. Por sorte
puiden entrar de todos xeitos na carreira que quería, pero dinme conta do
importante que é apoiar aos alumnos e facerlles ver as cousas de maneira
obxectiva e apoialos sempre que o merezan.
Continuamos a
clase facendo un diagrama de Venn sobre a lingua materna e a lingua estranxeira,
concepto que me fixo moita ilusión porque aprendera nun capítulo de Big Bang Theory, e que me fixo moita
ilusión utilizar, porque ao fin e ao cabo á sétima arte non se lle atribúe ese
nome porque si (inclúo as boas series no bo cine). Nesta actividade vimos as
características específicas que presentan cada unha delas. A lingua materna
(termo susceptible de discusión dada a realidade actual) inclúe unha
adquisición inconsciente, a aprendizaxe do oral antes que o escrito, un
contexto social e familiar que induce tal aprendizaxe e unha pronunciación
óptima da lingua. Mentres que unha lingua estranxeira presenta outras
características, tales como a aprendizaxe consciente dela, a adquisición por contexto
real por viaxes ou estancias no estranxeiro e unha posibilidade, na lingua
materna inexistente, de bloqueo cognitivo. Nas dúas se incluía a motivación,
aínda que de distinto tipo en cada caso. Na materna a motivación é sen darse
conta, polo simple feito de que temos o cerebro programado para aprender
linguas e pola necesidade de comunicarnos co exterior e na lingua estranxeira
por circunstancias persoais, como por un interese específico, traballo, etc.
Na aula tamén
xurdiu o tema do propicia que sería unha aula coas mesas e cadeiras colocadas
en forma de U. Eu persoalmente difiro desta opinión, porque xa estiven sentada
deste xeito noutro estudo e acabei cambiando de sitio e sentándome nunha das
mesas nas que estaba de fronte ao taboleiro, debido á dor de pescozo que me
producía ter que mirar cara o lado durante 5 horas seguidas. Si me parecería
adecuado que houbese mesas en forma de U, para así poder ter grupos nas aulas
de 3 en 3 e favorecer a comunicación e a participación en grupo, e así só
habería que mover as mesas e poderíanse organizar sinxelamente debates cando se
necesitase.
Tamén falamos do
concepto de palabras transparentes, que son aquelas que se parecen á nosa
lingua materna. Aprendín que o 75 % da carga léxica do inglés ven do francés e do
latín, que se trata dunha falsa lingua xermánica, aínda que tamén teña
similitudes co alemán, sobre todo nos verbos. Deste xeito, é moi adecuado facer
ver aos alumnos que sempre hai un plan b ao intentar acudir a palabras
transparentes para memorizar o vocabulario e así poder saír do apuro. Este tema
tróuxome de repente un recordo dunha clase durante a miña estancia Erasmus en Frankfurt, cando nunha clase
de tradución do alemán, na que tiñamos que ler unha peza dun libro bastante
longa, a profesora (unha arxentina moi preparada), intentou acudir a esta
técnica para que vísemos que podíamos descifrar algúns conceptos do texto sen
necesidade de dicionarios. Desafortunadamente, penso que esta táctica co alemán
literario pode non servir moito de axuda, posto que moi poucas palabras tiñan
raíz latina e non nos serviu de nada para quitar sentido ao texto. Pero si nos
explicou este truco que tiña totalmente esquecido, e esta mención foi como un déjà vu das miñas clases no Erasmus.
A continuación,
vimos a diferenza entre os seguintes conceptos: lingua inicial, lingua segunda,
lingua estranxeira, lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular.
Neste punto o profesor fíxome ver que o castelán era a miña lingua segunda e o
portugués a miña lingua inicial, cousa que xa sentía, pero que non o pensara
morfoloxicamente falando.
Para rematar a
clase fixemos unha actividade que se chamaba A pirámide, e que consistía nun
debate primeiro de a dous, logo a catro e finalmente a oito. Así, entre todos,
acádanse distintas conclusións e extráense as que comunmente se consideren máis
válidas. É unha maneira moi interactiva e acertada de reunir coñecementos e
conseguir as respostas máis axeitadas.
En conclusión,
leveime moi boa impresión desta aula, na que o tempo se me pasou voando (cousa
que ata entón non se dera) e saín con moitas novas ideas aprendidas. Encántame
cando sinto que o meu tempo estivo tan ben invertido.