Sesión 6 con Carlos: Recopilatorio e votos
Esta foi a derradeira sesión con Carlos e do mestrado.
Aproveitamos esta aula para facer un recopilatorio de todas as nocións que
fomos vendo ao longo da materia, así como unha avaliación colectiva do que
aprenderamos.
Fixemos distinción entre coñecementos e competencias e xuntos fomos
reunindo conceptos nunha presentación conxunta. Dos coñecementos, lévome os
principais conceptos que se han de ter en conta á hora de desenvolver unha boa
clase: feedback, scaffolding, adecuación do enfoque didáctico e metodolóxico,
usos do CALL e un bo desenvolvemento da avaliación do alumnado. En canto ás
competencias, saber motivar ao alumnado, saber recoñecer o interese deste en
todas as situacións, facer un uso axeitado dos recursos didácticos (tanto de
libros como das TICs), manter un entorno comunicativo e dinámico e ser
innovador e creativo. Estes son os principais mandamentos dun bo profesor.
A continuación fixemos unha especie de xuramento no que nos comprometíamos
a realizar sempre tres cousas que nos pareceran máis importantes e nunca deixar
de aplicalas, así como comprometernos a recordárnolos a nós mesmos de cando en
cando.
Por último fixemos unha lista de formas de seguir aprendendo aspectos de
didáctica, como visitar blogs especializados, ler sobre traballos de
especialistas en métodos de aprendizaxe (estar sempre actualizado), revisar de
cando en cando a biblioteca a ver se hai nova bibliografía interesante, seguir
en contacto cos compañeiros para ir tamén aprendendo os uns dos outros [o
construtivismo é aplicable a todos os ámbitos en todas as materias], apuntarse
a formacións, participar en proxectos, ver charlas de TED e entrevistas a
especialistas.
Deste xeito fixemos un resumo chave de todo o visto ao longo da materia,
e levamos un esquema mental conciso para saber sempre cal é o xeito máis adecuado co
que deberemos proceder.
Esta materia, xunto coa de psicoloxía, resultáronme as máis interesantes do
mestrado e podo dicir que levo moito aprendido e que me sinto máis segura á
hora de saber que serei capaz de implementar todos estes aspectos no
desenvolvemento das aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario