sábado, 7 de enero de 2017

TEMA 1: O Marco Común Europeo de referencia para as linguas

O Marco Común Europeo de referencia para as linguas

Estudo e discusión dos documentos fundamentais sobre o ensino de linguas estranxeiras no contexto europeo.

Desde a creación da Unión Europea co obxectivo de impulsar a cooperación económica e asegurar tratados de unión e de paz, o interese pola aprendizaxe de linguas veuse moi incrementado. Grazas ao libre comercio e á moeda única, os negocios entre países aumentaron drasticamente. Así, xurdiron as necesidades das empresas de contar con traballadores que dominaran idiomas en todos os ámbitos.
Os métodos de aprendizaxe de idiomas, polo tanto, comezaron a evolucionar.

Non obstante, cabe sinalar a gran diferenza de ensinanza e de niveis que había e segue habendo en todos os países integradores da Unión. Por este motivo, xurdiu a necesidade de crear un sistema que clasificara todos os niveis e os integrara de maneira oficial para todos os países.  Así xurdiu o Marco Común Europeo.

O Marco Común Europeo lista os obxectivos a cumplir nos países da comunidade para así poder alcanzar a totalidade dunha integración europea. Inclúe que métodos hai que empregar no ensino de linguas e establece os criterios que hai que cumprir para acadar cada nivel de competencia lingüística. Este marco divide os niveis en A1, A2, B1, B2, C1, C2. Sendo o A o de principiante e o C2 o de experto, aínda que sen alcanzar o nivel de nativo.

A aprendizaxe de linguas é considerada un proceso de educación permanente, posto que detrás dunha lingua hai toda unha cultura e unha historia, e é imposible de acadar todo o que esta conleva tan só co estudo do vocabulario e da gramática. Por isto, resulta gratificante o desexo de seguir afondando nas linguas estranxeiras para poder comprender todos os puntos de vista e coñecer todos os contextos.
Así mesmo, é importante non esquecer que existen linguas minoritarias que están reguladas e que representan un importantísimo valor cultural á poboación que representa. Polo que os gobernos teñen que protexer e fomentar o seu uso e estudo, porque supoñen un importantísimo valor cultural.

O Marco Común Europeo inclúe tamén unha lista de diferentes tipos de motivacións na aprendizaxe de linguas estranxeiras que divide en 9 apartados, que son os seguintes:

1.        Contexto político e educativo 
2.        Enfoque adaptado 
3.        Niveis comúns de referencia 
4.        O uso da lingua e o usuario ou alumno 
5.        Competencias do usuario ou alumno 
6.        A aprendizaxe e a ensinanza da lingua 
7.        As tarefas e o seu papel na ensinanza da lingua 
8.        A diversificación lingüística e o currículo 
9.        A avaliación 

Este é o xeito que busca conseguir unha formación plena nas linguas.

Así, os profesores de linguas estranxeiras deberán adaptarse e intentar enfocar as súas clases a acadar os obxectivos buscados.

Inténtase tamén facer as aulas o máis interactivas posibles, utilizando o método comunicativo e poñendo aos alumnos en contextos reais que os fagan sentirse interesados polo que están aprendendo.
Ademais, cada vez estanse fomentando máis as viaxes para aprender idiomas, método infalible para incitar o interese polas linguas e culturas na xente nova, conseguindo así elevar o nivel intercultural entre os países de todo o mundo, non só produtivo para a EU.


No hay comentarios:

Publicar un comentario