sábado, 7 de enero de 2017

TEMA 4: Deseño curricular

Deseño curricular

O deseño curricular é un factor moi importante no enfoque do ensino dunha materia. Trátase daquela parte do currículo que recolle a metodoloxía, as accións e o resultado de diagnóstico, a reestructuración e a organización dos proxectos. Pretende obter un proceso de aprendizaxe o máis eficaz posible e a avaliación continua deste posibilita o seu perfeccionamento.

O currículo é a regulación  dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe en todas as ensinanzas, e existen unha lista de elementos esenciais que todos os currículos da ESO e Bacharelato a nivel europeo deberán incorporar. Estes elementos son os seguintes: os obxectivos de cada ensinanza e cadensúa etapa, as competencias, os contidos, os estándares de aprendizaxe avaliábeis, os criterios de avaliación e a metodoloxía didáctica.

As competencias que será necesario reflectir no currículo son a comunicación lingüística, a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a competencia dixital, as competencias sociais e cívicas, o sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais.

A competencia lingüística fai referencia á capacidade do estudante de expresarse sendo capaz de adecuarse aos distintos contextos. Así, os alumnos deberán ser capaces de saber expresarse en función da situación comunicativa, dos distintos rexistros, comprender o lido e saber recompilar e procesar a información e dar unha resposta apropiada dependendo da situación concreta esixida. Así como tamén poder desenvolver un pensamento crítico e construtivo do aprendido.

A competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía inclúe todos os coñecementos relacionados coas áreas científicas. Isto abarca tanto as propias áreas da materia, como a xeometría, álxebra ou estatística, e tamén todo o relacionado co uso do pensamento científico para analizar e interpretar resultados matemáticos. Ademais da resolución de problemas, da toma de decisións de cara o avance nos procesos científicos. Así como tamén o dominio das ferramentas tecnolóxicas.

A competencia dixital implica a habilidade á hora de saber utilizar os recursos e ferramentas dixitais, así como coñecer todas as vantaxes e riscos que conlevan, e ser capaces de seleccionar a información útil e verdadeira.

As competencias sociais e cívicas abarcan a comprensión e interiorización dos códigos de conduta na sociedade. Implican a comprensión dos conceptos de igualdade entre homes e mulleres e tolerancia con outros grupos étnicos e culturas. Así como tamén a importancia da solidariedade e da preocupación polos dereitos humanos e o benestar social.

O sentido da iniciativa e espírito emprendedor refírese á capacidade de ter éxito no ámbito laboral e persoal, sendo capaces de adaptarse aos cambios da sociedade e de atopar as mellores oportunidades para o seu futuro, así como de crear eles mesmos os seus propios proxectos.
E por último, en canto á conciencia e expresións culturais, esta área fai referencia a todo aquilo relacionado co respecto e aprecio pola cultura herdada, así como tamén coa capacidade de facer valoracións propias e aplicar a súa propia creatividade para desenvolver o arte.

O deseño curricular tamén reflicte os grados de concreción. O Goberno é o que dita as leis orgánicas e os reais decretos, o Ministerio de Educación e o Goberno Autónomo determinados decretos, ordes, resolucións e disposicións e os centros os proxectos educativos e curriculares e as programacións.

O Goberno do Estado impón os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliábeis e o horario lectivo mínimo do bloque de disciplinas troncais e específicas. Así mesmo tamén determina os criterios de avaliación final do logro dos obxectivos e as características das probas de avaliación final de secundaria e bacharelato.

O Goberno Autónomo complementa os contidos do bloque de disciplinas troncais, establece os contidos dos bloques de disciplinas específicas e de libre configuración autonómica, realiza recomendacións de metodoloxía didáctica, fixa o horario lectivo máximo que corresponde aos contidos das disciplinas específicas e de libre configuración, fixa o horario correspondente aos contidos das disciplinas dos bloques de disciplinas específicas e de libre configuración, complementa os criterios de avaliación dos bloques de disciplinas troncais e específicas e establece os criterios de avaliación das de libre configuración e establece os estándares de aprendizaxe avaliábeis relativos aos contidos das disciplinas de libre configuración.

Os Centros docentes teñen a liberdade de complementar contidos, deseñar e implantar métodos pedagóxicos e didácticos propios e de determinar a carga horaria.

En canto ás linguas estranxeiras, as horas veñen determinadas tanto na ESO como no Bacharelato polo Goberno central.

No que corresponde á Formación Profesional, recentemente introduciuse uha FP Básica de dous anos que ata agora non había. Os ciclos medios e superiores seguen da mesma maneira, coa novidade de que tamén se introduciu o ciclo dual, que inclúe formación en empresas.
Tanto como para os FP, como para a ESO e Bacharelato e para a EOI, se estandarizaron os niveis do marco europeo para cumprir coa normativa e se impuxeron os niveis concretos que en cada ámbito se deben acadar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario