Clase 16-01-17
Na clase de hoxe
vimos o enfoque por tarefas.
Este é un método
de aprendizaxe que se empeza a empregar a finais dos anos 80, antes este tipo
similar de enfoque denominábase baseado en problemas. Este método está
influenciado polo construtivismo, posto que os coñecementos se van afianzando a
través da interacción co grupo, pouco a pouco vaise construíndo o saber, e así
permanece por máis tempo na memoria.
Os proxectos
pódense facer de maneira individual pero son máis efectivo se se elaboran en
conxunto, posto que así tamén aparece a aprendizaxe periférica, que se dá cando
as persoas aprenden vendo o que fan os demais, complementándose e aprendendo
mutuamente. Así, da mesma maneira que no enfoque construtivista, o profesor fai
de guía para que os alumnos alcancen o saber de maneira activa en comunidade,
non só o profesor é a fonte de información sendo Ademais, a través deste método
aplícanse e avalíanse tamén varias competencias, entrenando especialmente a
comunicativa.
Non obstante, as
tarefas deben de ter un fin específico, non poden estar creadas sen uns
obxectivos claros. Débese corresponder cunha das unidades do temario da
materia. Ten que ser auténtica, para que os alumnos adquiran coñecementos de
situacións reais que sintan que poden aplicar e que saberán como levar a cabo,
mobilizar procesos cognitivos que farán acadar un saber entre todos e producir
un resultado. Así, irán desenvolvendo microfuncións ata chegar ao resultado
final da tarefa, que é a macrofunción. Para todo isto, os alumnos teñen que estar preparados, polo que previamente se deben ir introducindo actividades que guíen aos estudantes a poder levar a cabo con éxito a tarefa, así como tamén facilitarlles fontes de información e tamén exemplos para que poidan orientarse (facilitadores).
Deste xeito, fixemos unha actividade na aula que consistía en propoñer unha tarefa en grupos de cinco. A nosa foi que os alumnos, tamén por grupos, creasen un folleto de un tipo de gastronomía das que podemos atopar en Vigo e elixir o restaurante que consideren máis representativo. Para isto é preciso que estean familiarizados con vocabulario de gastronomía, coas direccións, prezos, recomendacións e opinións persoais, adxectivos chave, etc. (microfunción comunicativa).
Deste xeito, fixemos unha actividade na aula que consistía en propoñer unha tarefa en grupos de cinco. A nosa foi que os alumnos, tamén por grupos, creasen un folleto de un tipo de gastronomía das que podemos atopar en Vigo e elixir o restaurante que consideren máis representativo. Para isto é preciso que estean familiarizados con vocabulario de gastronomía, coas direccións, prezos, recomendacións e opinións persoais, adxectivos chave, etc. (microfunción comunicativa).
Persoalmente
aínda nunca de clase con este sistema e gustaríame poñelo en práctica, pero
quizais o que eu faría sería combinalo con outros tipos de aprendizaxe, para
así alternar con frecuencia e que os estudantes non sintan que caen nunha
rutina. Pero si que me parece que o máis acertado para unha clase de linguas é
poñer en escena os aspectos comunicativos, posto que creo que o máis importante
é que os alumnos adquiran seguridade á hora de falar e á hora de poñerse en
escena, sentir que se saben defender e obter a seguridade que os empuxe a
seguir adiante na aprendizaxe e a adquirir a lingua con éxito. Este é un
aspecto que considero moi importante, porque a seguridade en un mesmo é a que
desenvolve o papel máis importante á hora de acadar unha aprendizaxe. É o que
motiva a seguir aprendendo e impide un bloqueo cognitivo. Ademais, o ter
seguridade en un mesmo, leva a querer progresar en outros ámbitos da vida, como
a querer desenvolver outras iniciativas e outras preocupacións.
Estou encantada
de que por fin se avalíen as competencias, posto que a actitude é o que
realmente conta na vida, e non só a capacidade de memorizar. E para
mostra o noso presidente de Goberno, número un na súa promoción, pero que
ninguén sabe que fai aí.
Así mesmo, é unha
excelente maneira de preparar para a vida, posto que a aprendizaxe non remata
no instituto ou na universidade, senón que estamos aprendendo toda a vida ata o
día en que morremos. E acho que esta é unha boa maneira de preparar ao alumnado
a enfrontarse a todos os retos que nos poidan chegar e ser capaces de tomar as
pertinentes medidas para superalos. Aínda que tamén cabe dicir que nada como un
ano de Erasmus para iso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario