O ensino
de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico.
Como xa se veu no
tema 1, o MCREL incluíu cambios na ensinanza das linguas estranxeiras a nivel
europeo. Todos os países deberon integrar nos seus currículos diferenzas
substanciais para poder acadar os niveis esixidos a nivel comunitario. Por
isto, xa dende a LOE se viñeron integrando reformas no sistema educativo que
incluían non só cambios na aprendizaxe de lingua e no sistema de avaliación,
senón tamén noutro tipo de coñecementos necesarios para acadar o maior
desenvolvemento persoal dos alumnos. Así, introducíanse as competencias clave
no currículo.
Non obstante,
considero pouco realista que se poida alcanzar o nivel B2 ao rematar o
Bacharelato en España da noite para a mañá. Considero que hai que investir
moitos recursos para que o nivel de linguas estranxeiras aumente. Para isto,
non só considero unha fantástica idea a introdución das escolas plurilingües
que introduzan outras materias nunha lingua estranxeira, senón que tamén vexo
imprescindible que poñan auxiliares de conversa nativos en todos os centros.
Esta é unha maneira estupenda de estar en contacto coa lingua e practicala de
xeito oral, non só escrito, porque un só profesor na aula non é suficiente para
que todos os alumnos (sobre todo agora coa última reforma que recortaron en
mestres e aumentaron o número de estudantes por aula, contribuíndo a todo menos
a mellorar a calidade da ensinanza) poidan practicar o que necesitan para que
haxa unha mellora real e aumente a súa seguridade en si mesmos, que vai da man
da verdadeira fluidez no idioma.
Deste xeito,
acabaríanse as desigualdades na aprendizaxe de idiomas. Porque hai pais que
teñen os recursos suficientes para proporcionar aos seus fillos clases
particulares ou estancias no estranxeiro, pero outros que non o poden permitir.
Así mesmo, tamén hai moitas máis escolas nas grandes vilas e cidades que
dispoñen de programa bilingüe, pero non todos os centros dispoñen deste recurso
e moitos estudantes de pobos pequenos perden a oportunidade de disfrutar desta
opción, o cal me parece tremendamente inxusto. Outra xoia la Lomce, conseguir
que os centros con máis recursos atraian aínda máis recursos, centrando así nas
cidades os mellores centros e deixando aos que están máis afastados no olvido.
Nada que ver coa lei existente en Finlandia de que os nenos deben ter acceso a
unha escola (de calidade) que estea máximo a 5 km da súa vivenda.
Para que España
logre acadar os niveis que se pretenden acadar, é necesario ter un cambio
substancial no ensino das linguas. Así, será imprescindible que cambien a
metodoloxía e intenten enfocala por proxectos, xa que se demostrou ser unha
aprendizaxe máis significativa.
Outro cambio moi
importante na perspectiva da ensinanza de linguas é a de presentar unha
actitude aberta cara todos os cambios e novas metodoloxías, así como a de sacar
partido aos contidos doutras clases para unir os recursos de aprendizaxe.
Asocialo tamén con intereses persoais dos alumnos que os inviten a interesarse
por outras culturas e demostrar con frecuencia os pequenos éxitos no avance da
aprendizaxe que van acadando, por exemplo con exercicios ou con probas
regulares, e non só cun exame final que faga ao alumno desanimarse e non querer
seguir avanzando.
Ademais, compre
non olvidarse das TICs, un tipo de ensinanza innovadora que asegura a atención
de todos os estudantes á hora de realizar actividades na aula ou tamén na casa.
O factor máis
importante na ensinanza é conseguir levar a cabo unha clase interactiva, para
que así todos presten atención e reteñan en maior medida o aprendido.
Gran entrada, Minia, tanto en extensión como en ideas. A educación debe axeitarse á época que a contextualiza para non converterse nun impedimento para o alumnado.
ResponderEliminarA día de hoxe, en calquera traballo ó que se aspire piden bo nivel de inglés e valórase o coñecemento doutra lingua estranxeira. É practicamente a primeira cousa que se pon no currículo. Por tanto, o sistema educativo debe dar ós seus alumnos, independentemente do seu poder adquisitivo, os medios para acadar un nivel real de lingua. Chámoo "real" porque os que pasamos pola secundaria e a primaria deste país sabemos que ese nivel é coma os espellismos no deserto: sabemos que deberiamos ser quen de facer, pero en realidade non podemos facelo.
O mesmo ocorre co emprego das TIC. Moitas empresas piden que os seus empregados saiban usar programas de ofimática e outros recursos máis específicos do seu campo de traballo. No ensino secundario podémonos encargar da ofimática, ademais doutras cousas que considero incluso máis importantes, como o uso responsable das redes sociais e a netiqueta, que non deixan de formar parte da competencia social e cívica. Hai que amosarlles que o que fagan na rede ten repercusións serias na realidade.
Centrándonos máis na aprendizaxe de linguas estranxeiras, hai recursos en liña para aprender sen que sexa necesariamente facendo deberes. interpals.net, por exemplo, que é unha páxina na que se pode buscar nativos cos que facer intercambio de linguas online, permitiríalles practicar con conversas reais e mellorar a súa fluidez. É un xeito entretido de practicar o idioma mentres fan amigos da súa idade. Se lles acaba gustando, é un xeito de conseguir a atención dos alumnos e de que os máis tímidos se expresen tamén, aínda que sexa con outra persoa.