martes, 31 de enero de 2017

Sesión 2 - Luz: Actividades de lingua: produción oral

Mércores 25 de xaneiro de 2017
Segunda sesión con Luz Valencia
Actividades de lingua: produción oral

Esta sesión foi particularmente entretida porque non paramos de facer actividades na aula.
Cabe dicir que a primeira foi a máis curiosa de todas, porque trataba dun crucigrama baseado nos alumnos da aula. Unha actividade moi entretida e motivadora para os alumnos, adquiren novo vocabulario a través das descricións e poden chegar a coñecer máis sobre os seus compañeiros. Unha vez máis, non hai nada como o interese intrínseco á hora de levar a cabo unha tarefa. Rímonos moito e aprendemos curiosidades sobre os nosos compañeiros de aula. 

Outra actividade moi interesante foi a que fixemos a continuación. Mostrábasenos unha imaxe na que se podía ver a Cenicienta soa tomando unha copa na mesa dun bar. Así, por grupos, tiñamos que concluír a posible razón que a levase a estar alí. Logo mesturamos os grupos e escoitamos as opinións dos demais, e eliximos o razón final que mellor nos pareceu. Foi unha actividade moi entretida porque saca a relucir a capacidade imaxinativa dos estudantes, cousa que fai que se veñan arriba e se impliquen máis na actividade.
Son moi partidaria de levar a cabo este tipo de actividades na clase. As linguas van ligadas ás humanidades, e as humanidades son un xeito apaixonante de ver a vida e de intentar darlle significado. Penso que tanto a literatura, como a música e como o cine poden ser medios moi interesantes para aprender e captar a atención e o interese do alumnado. De feito, a miña tarefa proposta para o traballo que nos encargou Hermes na clase, estaba baseada na película de Big Fish. O traballo consistía na organización dunha tarefa para os alumnos baseada nun texto orixinal, e a partir del, propoñer calquera tipo de encomenda, polo que eu me decantei por traballar a partir do guión orixinal de Big Fish. Achegaba un fragmento dese guión orixinal e propoñía que se cambiasen 3 das escenas que aparecen. Estas escenas consistían en tres maneiras distintas de intentar conseguir que a moza pola que o protagonista estaba tolo, se namorase del. Así, tamén achegaba as pautas básicas para a creación de guións de cine, onde se recollían as indicacións que deben levar, con exemplos. Tamén achegaba o link de Youtube a esa escena para que tivesen apoio visual. Desta maneira, considero que os alumnos poden desatar unha motivación extra á hora de realizar a encomenda se a relacionamos con algo como o cine, porque ademais o mundo dos guións cinematográficos é un tema polo xeral descoñecido para a maioría. E ademais, a liberdade de creación e imaxinación, que soe engadir un interese maior ao desempeño das actividades.
Aproveitei para investigar un pouco sobre a creadora da imaxe orixinal que vimos na aula, Dina Goldstein, e atopeime con que xa coñecía algunha imaxe súa, como a de Brancanieves co príncipe espatarrado no sofá e cargada co traballo dos fillos. Tamén a considero unha boa maneira de facer ver aos alumnos as outras realidades que existen nos contos de fadas, que non é todo tan bonito como o pintan e que hai que ter capacidade crítica á hora de analizar as perspectivas. Como a imaxe de Ariel atrapada nun acuario. Conseguir non só que os alumnos vaian á escola para aprender contidos, senón tamén para formar o seu espírito crítico e que teñan ansia por deixar pisada para ben na sociedade.
Outra das actividades que fixemos na aula e me gustou moito foi a de que levaríamos na maleta. Unha cantidade brutal de orixinalidades e de ver que todos somos capaces exercitar a memoria e lembralo todo se o asociamos con conceptos ou persoas (se nos tivesen mandado saír da aula conforme se desempeñaba a actividade seguro que a maioría xa non se lembrarían das cousas). Pero é unha maneira de demostrar que todos podemos desenvolver estratexias para conseguir que a aprendizaxe sexa efectiva.
Así mesmo, recibimos consellos moi valiosos, como o de nunca xamais esquecernos do factor motivacional dentro da aula, de non abusar dos proxectos para que estes non aborrezan, de facer uso de boas fontes de inspiración (como os libros de The Minimax Teacher e Humanising your Coursebook) e ter sempre un plan B en caso de que os recursos dixitais nos fallen. Ademais, aprendemos o significado de Lateral Thinking, os posibles usos que se lle poden dar a outras cousas para de algún xeito, captar a nosa atención, e asentar o coñecemento dese obxecto.
Para a seguinte clase tivemos que propor unha actividade por grupos que se basee nunha imaxe. A nosa actividade proposta polo noso grupo (Dayna, Joaquín, Vanesa e eu) é a seguinte:


Curso: 3º ESO
Temporalización: 1-2 sesiones

Pre - Reading

Les pondriamos a los alumnos esta foto y les haríamos en clase algunas preguntas previas para así ir introduciendo aspectos del reading posterior y que se motiven y muestren interés por el tema.

-What do you think the reading is going to be about?
-Do you notice anything different or special about this house?
-Why do you think I chose this photo?

octagon house.jpg

Story

This is the O-house. It is called the 0-house because it has an Octagon shape. It is located in Albion, Michigan in the United States. I lived here my senior year of college, 2007-2008 with 6 of my girlfriends. They were friends that I met my very first year at college. I went to Albion College in Albion, Michigan, and this home is currently owned by the college. Octagon houses are part of an architectural movement that was very popular in the midwest during the mid to late 1800s. The house has two separate living areas, one upstairs and one downstairs. We lived in the downstairs floor. Below is an excerpt of the home’s history from a historical website about Octagon shaped houses.  

“Octagon house. 416 E. Erie Street. Albion, Michigan. Built before 1858. Sometimes called the "McGee-Osborne House," there is evidence that Osborne was not the first owner, although it's reasonably clear that R. McGee, carpenter and joiner, built the house. It is made of brick, and has been altered to an almost square shape by additions. Four corners, including the entrance, are flattened to provide for a single window. One can see this in the sketch below. A circular staircase runs from the first floor to the attic. A cupola was removed in the mid 1940s or before, and replaced by a skylight. The staircase likely ran all the way to the cupola originally. The house original had 12 foot ceilings. Sometime in the 1930s the ceilings were dropped 1.5 feet. A two story piece was added to the back of the house at some point to provide for a hallway and additional stairs. The dormers on the house were removed in the early 1990s, because they leaked, (Often the result when preservation collides with money) resulting in still more modification of the original structure.”
http://www.octagon.bobanna.com/MI.html
Here are some pictures of the house over the years. You can see that it has been modified extensively since it’s original construction.  
1858 drawing.
1858 drawing.
1868
c1910

1907
1931

Reading One

1.Answer the questions.

Why is it called the 0-house?
When did she live in this octagon house?
When did she meet her friends?
What is McGee´s occupation?
When was the cupola removed?
How many feet high was the ceiling?

Reading Two  

2. True or False

Dayna lived with her friends in the upper floor. T / F
This architectural movement was very popular in the Midwest during the beginning to mid 1800s. T / F
A circular staircase runs from the first floor to the attic. T / F
The house is made of brick and wood. T / F

Post Reading

Les pondríamos a los alumnos esta segunda foto y les haríamos en clase algunas preguntas más.

grad front porch.jpg

  • Why do you think we took the picture here? (Was it a special day)?
  • Who are these girls? Tell us who they are and their story.
  • Why are the girls so happy? (prompt for students to make up a story)
  • Where did the girls go after the photo was taken?
  • What are some of the pros and cons of living in a house and not a residence hall?
  • Do you think it would be easy or difficult to live with 6 other people?
  • What did you find most interesting about the history of the house?

Sesión 3 - Carlos Valcárcel: O enfoque por tarefas

Clase 16-01-17

Na clase de hoxe vimos o enfoque por tarefas.

Este é un método de aprendizaxe que se empeza a empregar a finais dos anos 80, antes este tipo similar de enfoque denominábase baseado en problemas. Este método está influenciado polo construtivismo, posto que os coñecementos se van afianzando a través da interacción co grupo, pouco a pouco vaise construíndo o saber, e así permanece por máis tempo na memoria.

Os proxectos pódense facer de maneira individual pero son máis efectivo se se elaboran en conxunto, posto que así tamén aparece a aprendizaxe periférica, que se dá cando as persoas aprenden vendo o que fan os demais, complementándose e aprendendo mutuamente. Así, da mesma maneira que no enfoque construtivista, o profesor fai de guía para que os alumnos alcancen o saber de maneira activa en comunidade, non só o profesor é a fonte de información sendo Ademais, a través deste método aplícanse e avalíanse tamén varias competencias, entrenando especialmente a comunicativa.

Non obstante, as tarefas deben de ter un fin específico, non poden estar creadas sen uns obxectivos claros. Débese corresponder cunha das unidades do temario da materia. Ten que ser auténtica, para que os alumnos adquiran coñecementos de situacións reais que sintan que poden aplicar e que saberán como levar a cabo, mobilizar procesos cognitivos que farán acadar un saber entre todos e producir un resultado. Así, irán desenvolvendo microfuncións ata chegar ao resultado final da tarefa, que é a macrofunción. Para todo isto, os alumnos teñen que estar preparados, polo que previamente se deben ir introducindo actividades que guíen aos estudantes a poder levar a cabo con éxito a tarefa, así como tamén facilitarlles fontes de información e tamén exemplos para que poidan orientarse (facilitadores).

Deste xeito, fixemos unha actividade na aula que consistía en propoñer unha tarefa en grupos de cinco. A nosa foi que os alumnos, tamén por grupos, creasen un folleto de un tipo de gastronomía das que podemos atopar en Vigo e elixir o restaurante que consideren máis representativo. Para isto é preciso que estean familiarizados con vocabulario de gastronomía, coas direccións, prezos, recomendacións e opinións persoais, adxectivos chave, etc. (microfunción comunicativa).


Persoalmente aínda nunca de clase con este sistema e gustaríame poñelo en práctica, pero quizais o que eu faría sería combinalo con outros tipos de aprendizaxe, para así alternar con frecuencia e que os estudantes non sintan que caen nunha rutina. Pero si que me parece que o máis acertado para unha clase de linguas é poñer en escena os aspectos comunicativos, posto que creo que o máis importante é que os alumnos adquiran seguridade á hora de falar e á hora de poñerse en escena, sentir que se saben defender e obter a seguridade que os empuxe a seguir adiante na aprendizaxe e a adquirir a lingua con éxito. Este é un aspecto que considero moi importante, porque a seguridade en un mesmo é a que desenvolve o papel máis importante á hora de acadar unha aprendizaxe. É o que motiva a seguir aprendendo e impide un bloqueo cognitivo. Ademais, o ter seguridade en un mesmo, leva a querer progresar en outros ámbitos da vida, como a querer desenvolver outras iniciativas e outras preocupacións.

Estou encantada de que por fin se avalíen as competencias, posto que a actitude é o que realmente conta na vida, e non só a capacidade de memorizar. E para mostra o noso presidente de Goberno, número un na súa promoción, pero que ninguén sabe que fai aí.

Así mesmo, é unha excelente maneira de preparar para a vida, posto que a aprendizaxe non remata no instituto ou na universidade, senón que estamos aprendendo toda a vida ata o día en que morremos. E acho que esta é unha boa maneira de preparar ao alumnado a enfrontarse a todos os retos que nos poidan chegar e ser capaces de tomar as pertinentes medidas para superalos. Aínda que tamén cabe dicir que nada como un ano de Erasmus para iso!

lunes, 30 de enero de 2017

Sesión 2 - Carlos Valcárcel: A contextualización da aprendizaxe

Mércores, 11  de xaneiro

Ao principio da aula fixemos un repaso da clase anterior, recordando a importancia dun amplo repertorio lingüístico como profesor de linguas, que favorece a facilidade de aprendizaxe aos nosos alumnos.

Logo adentrámonos nos tipos de didáctica de linguas específicos para cada contexto concreto. Así, vimos a importancia de adecuar a ensinanza da lingua ao contexto específico de aprendizaxe, cousa que ata hai uns anos non se reparaba. Deste xeito, pódese diferenciar entre: didáctica da lingua inicial, didáctica da segunda lingua, didáctica da lingua estranxeira, aprendizaxe precoz de linguas estranxeiras, linguas estranxeiras para fins específicos e lingua estranxeira para seniors. E probablemente co tempo vaian aparecendo novas necesidades aínda máis específicas. Isto móstranos que temos que expor o enfoque didáctico en función do contexto, así como as gramáticas utilizadas, porque non son as mesmas necesidades as que teñen os expertos que traballan no campo da ciencia que buscan entender e redactar papers en inglés, que aqueles que o fan por interese persoal e por intentar reforzar a memoria, como son as persoas maiores. Do mesmo xeito, tampouco se pode presentar da mesma maneira se é un curso variado de persoas presencial como é a EOI que se é online, como os da UNED. Na EOI poderase partir dun contexto de aprendizaxe comunicativa polo contexto ambiental a través interacción co resto dos compañeiros, mentres que na UNED se aplicará o CALL (Computer Assistance Language Learning). Tamén se comentou na clase o nicho que hai no mercado da ensinanza de linguas sobre as novas tendencias de aprender inglés á par que se realizan outras actividades, como Golf & English ou Cata de viños & English. A min que me vou a ir fóra en canto remate o mestrado, xa me deu a idea de organizar un taller de cociña e ensinar español. Co cal, se me xorde a oportunidade de poder alugar unha cociña a bo prezo, organizarei un Tortilla & Español ou Paella y Castellano.

Na segunda metade da clase aula tamén vimos os factores que hai que ter en conta na aprendizaxe de linguas estranxeiras, que se poden dividir en: recursos didácticos, cartos e variable de alumnos. Neste punto, desempeña un papel moi importante a idade dos aprendices e cal sexa a súa lingua inicial. Sen dúbida, para o cerebro humano é fisicamente moito máis sinxelo adquirir idiomas nos primeiros anos de idade, xa que o cerebro está predisposto para iso, e a partir dos 7-9 anos xa se empezan a adquirir outras habilidades que non inclúen a capacidade de adquirir a fonética como antes, pero si a analítica e lóxica para poder entender regras e estruturas gramáticas e saber aplicalas. Por isto, a lingua inicial pasa a ser un filtro para todos os idiomas. Este persoalmente é un tema que me parece moi interesante, porque eu levo toda a vida nas clases de idiomas oíndo a frase: non traduzas! E sempre me pareceu absurda porque para dentro, preguntábame: pero como non vou traducir? Vexo incompatible aprender calquera concepto novo sen comparalo con conceptos xa coñecidos ou información previa que teñamos, porque é un proceso que fai o cerebro á hora de intentar adquirir calquera coñecemento novo, relacionalo con coñecementos previos asociados á temática para así poder asimilar e asentar a información nova. E nunca me pareceu mal en absoluto comparar coa nosa gramática inicial ou co noso vocabulario inicial para intentar buscar conexións lóxicas ou simplemente facer equivalencias ou distincións e así poder asimilar mellor a situación. Son estratexias lóxicas que o cerebro humano fai, poñan como se poñan. E sobre isto precisamente me gustaría enfocar o meu TFM, posto que ademais estudei Tradución e Interpretación e sinto que está asociado á miña liña de estudos.

Por último, tamén falamos do concepto “interlingua”, que fala de que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira é unha espiral e que o proceso dura moito tempo. Aparece nos anos 70, creado por Selinker, e inclúe todas estas aproximacións e hipóteses que o aprendiz fai sobre a lingua estranxeira para ir asentando a súa aprendizaxe. Así como a importancia do ensaio – erro. Non se pode estigmatizar ao aprendiz cos erros, as interferencias son naturais e necesarias. Carlos tamén nos deu o sabio consello de non corrixir en vermello, para que os alumnos non o asocien coa súa incapacidade e se frustren, senón de escribir a alternativa para que directamente aprendan a correcta.


miércoles, 25 de enero de 2017

Sesión 1 - Luz

Xoves, 12 de xaneiro

Cuarto día de clase desde a volta de Nadal. Nova profesora na materia de didáctica: Luz.
E por sorte, unha vez máis, quedamos encantados.

Clase totalmente produtiva, interactiva e na que o tempo voou.

Para empezar, presentámonos. Cubrimos unha ficha e tivemos que escribir un pequeno dato curioso sobre nós. Cousa que me chamou moito a atención e me pareceu moi interesante pero que eu non estiven nada aguda. Acostumo a necesitar máis tempo para que se me ocorra algo orixinal, a presión nunca xogou ao meu favor (salvo as datas límite para a entrega de tarefas).

Logo fixemos un xogo moi entretido que consistía en adiviñar algo da profesora, o cal me parece tamén moi boa idea para ter unha primeira toma de contacto con ela e gañar un pouco de confianza, o que dalgunha maneira propicia un ambiente máis relaxado e de confianza na clase.

A continuación empezamos coa temática que nesta aula se trataría: que é unha competencia e cales son todas as competencias que se han de tratar nas aulas.

Así, paso por paso, fomos vendo entre todos as sete competencias que se han de incluír na clase de linguas estranxeiras, no noso caso, o inglés. Fomos aportando entre todos os coñecementos previos que tiñamos e a profesora foinos guiando ata adiviñar outras características de cada competencia moi importantes para utilizar.

A primeira competencia que vimos e a máis intrínseca coa aprendizaxe de idiomas foi a comunicación lingüística. Aquí fixemos unha actividade moi divertida, unha vez máis de adiviñar (que sen dúbida é o que máis motiva aos alumnos, dar motivos para ser máis rápido e levantar lixeiramente a autoestima), na que José e eu saímos ao fronte da clase e tiñamos que interpretar unha suposta situación real na que eu non coñecía o nome da palabra en inglés do obxecto que quería mercar (como de feito así era, neste caso tratábase dun rawlplug). Tanto José, que facía de dependente, como o resto da clase, tiñan que adiviñar que era o que buscaba. De primeiras, como sempre, ninguén quixo saír. Pero descubrín que non me sentín nada incómoda, de feito gustoume ter saído, porque na nosa aula hai moi bo ambiente, os compañeiros son todos moi considerados e colaboradores (algo que me encanta desta miña clase actual) e parece que esa actividade contribuíu tamén a gañarnos máis confianza aínda para o desempeño da aprendizaxe comunicativa.

Isto tamén me fixo dalgunha maneira valorar máis un dos métodos de aprendizaxe que viramos na materia de Inglés no contexto nacional e internacional, o método resposta física total. Este método iníciase en California nos anos 70, cando a pragmática de Chomsky está en pleno auxe. Indícanos que o noso cerebro está bioloxicamente programado para falar linguas, a linguaxe é algo innato. Este método pon énfase na comprensión, en escoitar e aprender. Así, a aprendizaxe xorde a través das accións e dos movementos físicos e o profesor convértese nunha especie de director de teatro. Non hai nin materiais nin libros de texto. De primeiras non me pareceu un método moi serio porque non considero que leve a ningunha parte á hora de realmente afondar nunha lingua, pero si me fixo ver que se pode tratar dun método moi efectivo para romper o xeo e coller confianza á hora de ter unha primeira toma de contacto cunha lingua e soltarse para falar. Ademais, asenta a seguridade do aprendiz para desenvolverse neste outro idioma, porque aínda que fraquee no punto da gramática, paréceme moi efectivo para lanzarse á fala da lingua, á par que entretido e dinámico.

En canto á competencia dixital, entendo que se trata dunha moi boa ferramenta para favorecer a aprendizaxe, pero aínda non estou segura de se estou a favor ou en contra. Como traballos para casa (tipo webquest) ou recursos online como dicionarios ou fonte de información, paréceme indiscutiblemente útil e imprescindible, pero para a aprendizaxe na aula non sei se me acaba de convencer. Isto débese a que o considero ao mesmo tempo unha ferramenta e unha distracción. Como alumna tanto de na universidade como na EOI, podo observar que o móbil é realmente unha distracción. Non considero que prohibilo sexa a solución, porque as prohibicións nunca foron boas e basta que se prohiba algo para que se empecen a saltar as normas, pero teño que dicir que desde hai uns anos para aquí, non conseguín estar unha hora enteira nunha biblioteca sen que soen móbiles ou se escoiten trozos de vídeos ou música en alto. Para min honestamente é moi molesto, e isto considerando que nas bibliotecas xa somos todos maiorciños, non estudantes da ESO. Isto lévame a debaterme como conseguir que os estudantes sexan o suficientemente maduros como para non estar mirando Facebook na aula ou falando por chats. Precisamente por isto son partidaria dunha aula como a que tivemos este día, innovadora desde o punto de vista de que é moi interactiva, comunicativa e efectiva, e na que non se depende unicamente de soportes virtuais para facer efectiva a aprendizaxe. Sen dúbida, nas miñas aulas si sería partidaria de que desenvolvan tarefas de TIC na casa e de vez en cando na clase, pero non o tomaría como o único medio para desenvolver a aprendizaxe.

Isto tamén me leva ao punto  que vimos da tendencia dos estudantes a utilizar o tradutor Google a pesar do moito que se lles avisa de non facelo. Como conseguir que se atrevan a facelo por eles mesmos coa axuda de outras ferramentas? Creo que aí unha vez máis entra en xogo o ambiente de tranquilidade e seguridade que teñan na aula e en si mesmos. Procuraría poñer poucos exercicios para que non recorran á opción fácil e non lles quite tempo de outros entretementos, pero intentaría propiciar unha vez máis un contexto de seguridade e de reforzo da autoestima para que sexa máis efectiva a aprendizaxe.

Outro dos puntos destacados na aula foi un vídeo que vimos chamado “Being rude internationally”. Os exemplos visuais e que chamen a atención de determinados aspectos fai que cale aquela información que se desexa dar. Ademais, persoalmente, estou moi sensibilizada co aspecto dos valores éticos. Son unha gran fan das revistas de National Geographic e sinto moitísima lástima por todo o que está a acontecer coas especies e coa contaminación do medio ambiente. Creo nunha imperiosa necesidade do ser humano de evolucionar en conxunto dunha maneira moi apremiante, considero esta competencia a máis necesaria de todas. Por este motivo, aínda que valoro moito a miña cultura, me sinto tan cómoda en países do norte. Porque aínda que sexan moito máis capitalistas (e non estea en absoluto a favor disto), están moito máis civilizados. Síntome cómoda porque alí maltratar a un animal está moi mal visto, por non falar de maltratar a unha persoa. E considero que a presión social é fundamental para que se cumpran as leis. Evidentemente. o peso da lei, se é real, é efectivo. Se un goberno se toma en serio empezar a penalizar os crimes, isto xurdirá efecto, pero por desgraza en España non pasa. Nin o goberno se toma en serio os valores éticos, nin tampouco sae dos cidadáns. Gústame dos países do norte, que se hai un caso de maltrato na vivenda do lado, se denuncie, e non se faga como que un non sabe nada. Isto en España acontece porque realmente está mal visto meterse nos asuntos dos demais, como que o que pasa entre unha familia ou parella non é cousa nosa e nós non o entendemos, cando nos países do norte o que está mal visto é permanecer pasivo e non estar activo no camiño cara a evolución conxunta da sociedade. Pero non quero ser catastrofista e quero aclarar que si creo que a evolución conxunta chegará tamén a España tarde ou cedo, aínda co gran intento do Goberno de aparvar a poboación a través de festas baseadas en mestura de alcohol e maltrato animal, fútbol e programación televisiva lixo. Sei que é unha sociedade que está moi formada, porque me da igual o que digan do sistema educativo español, eu penso que o funciona moi ben. Só se trata de viaxar e ler, e as cousas virán por si soas.

E ata aquí a miña reflexión persoal que me aportou esta clase. Só dicir que me gustou moito a maneira na que se desenvolveu e que me queda pendente descubrir como conseguir unha actitude madura por parte dos alumnos para que se desenvolva mellor a clase e a aprendizaxe sexa máis propicia.

Proposta de actividade para a aula

A actividade proposta para a clase consistirá no seguinte:

Primeiramente, anotaría no taboleiro palabras clave para que os alumnos adiviñasen de que temática se trata. Esas palabras serían as seguintes:

Floods, drought, heat wave, economic impact, melting ice, sea level rise

Empezaría poñendo unicamente tres palabras, e iría engadindo unha ata que alguén adiviñase que o tema é o Climate Change.

Logo preguntaría se coñecen máis palabras clave, aínda que fose en galego ou castelán e logo trataríamos de sacalas todos xuntos.

Despois preguntaría se coñecen persoas famosas involucradas neste tema: James Cameron, Harrison Ford, Mark Ruffalo. Sairá o tema de Leonardo Dicaprio e o discurso dos Oscars. Preguntaría se viron a película e que lles pareceu, con coidado de non contar demasiado para quen non a vira. Logo preguntaría se alguén viu o discurso e se recordan algo.

A continuación poñería o vídeo en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=AOoP56eXtzM, saltando os agradecementos e indo directamente á parte na que pasa á temática do cambio climático (empeza no minuto 1:58).  Previamente explicaría algunhas estruturas como to take for granted, to procrastinate, to be drowned out. 

Logo preguntaría se entenderon algunha palabra clave como species, indigenous people, polluter e se sacaron algunha idea e daría un reforzo positivo. A continuación daría a transcrición en inglés e volveríamos a velo co texto diante, e preguntaría que palabras lle parecen importantes e senten algunha preocupación persoal por este tema. Preguntaría tamén se coñecen algunha consecuencia máis producida polo cambio climático, como: species extiction, diseases, landslides.

Logo poñería o seguinte vídeo, un corto animado algo impactante que trata sobre a pisada do ser humano na terra: https://www.youtube.com/watch?v=dWAAgY94kiM&t=11s

Despois, preguntaríalles que lles parece e se lles parece importante frear algunhas das cousas que se están a facer. 

Tamén preguntaría que podemos facer persoalmente para aportar o noso gran de area, e tamén se hai alguen que xa o fai ou que está decidido a empezar a facer algo concreto. Logo sacaría o tema das 3 r’s: reduce, rehuse and recycle. 

A continuación diríalles que se levantasen e preguntasen a 4 compañeiros que medidas toman eles para contribuír a este proceso e pediríalle a 4 persoas que compartiran os resultados.Por último, animaríaos a estes tres pasos, así como a facer compost aqueles que teñan a posibilidade.





martes, 24 de enero de 2017

Sesión 1 - Carlos Valcárcel: Didáctica da ensinanza de linguas estranxeiras

Luns, 9 de xaneiro

Sesión 1 - Carlos Valcárcel

Esta foi a primeira clase que tivemos da materia de didáctica de linguas estranxeiras e sinto que a todos nos deu moi boa impresión, tanto pola actitude de involucración e coñecementos por parte do profesor como pola presentación da materia e a especificación da avaliación.

Xa na primeira clase tivemos a oportunidade de recibir algúns moi bos tips para aplicar na docencia, como por exemplo o de sempre levar moi ben organizadas as clases e botar man dunha escaleta, para así saber sempre cal vai a ser o seguinte paso e poder optimizar ao máximo cada aula.

Tamén nos suxeriu o importante que é aproveitar cada pequena actividade en grupo para facela produtiva para a aprendizaxe, como o feito de, á hora de facer grupos, mandarlle escoller nomes para o grupo que sirvan para practicar algún tema da materia, como os adxectivos ou números.

Así, fixemos unha actividade na aula que se baseaba na práctica das estruturas gramaticais das WH – questions no inglés. Tiñamos un límite de tempo para acertar as preguntas, e decateime que, da igual que tipo de actividade sexa, a xente vólvese moi competitiva e tola por gañar, aínda que non haxa ningún tipo de premio específico ao final, só o orgullo. Por isto sempre poñerei limitacións de tempo cando teña que programar actividades nas miñas aulas, porque é sorprendente a vea competitiva que lle sae á xente cando se trata de velocidade e ganas de mellorar a autoestima dun xeito saudable.

Da mesma maneira, tamén nos recalcou o importante que é mostrar reforzos positivos e afectividade na aula, posto que son imprescindibles para impedir o bloqueo cognitivo. Aprendín o significado de bloqueo cognitivo ese día, e sentinme moi identificada persoalmente porque foi o que me pasou a min no bacharelato coa materia de química, e daba igual que fora máis sinxela que física e matemáticas, porque se debía a unha obsesión mental persoal que me impedía atender e entender, e así poder absorber e aplicar os coñecementos. Aprobei raspado no instituto e suspendín esa materia na selectividade, baixándome así a nota media porque por rama específica era unha das que máis contaba. Por sorte puiden entrar de todos xeitos na carreira que quería, pero dinme conta do importante que é apoiar aos alumnos e facerlles ver as cousas de maneira obxectiva e apoialos sempre que o merezan.

Continuamos a clase facendo un diagrama de Venn sobre a lingua materna e a lingua estranxeira, concepto que me fixo moita ilusión porque aprendera nun capítulo de Big Bang Theory, e que me fixo moita ilusión utilizar, porque ao fin e ao cabo á sétima arte non se lle atribúe ese nome porque si (inclúo as boas series no bo cine). Nesta actividade vimos as características específicas que presentan cada unha delas. A lingua materna (termo susceptible de discusión dada a realidade actual) inclúe unha adquisición inconsciente, a aprendizaxe do oral antes que o escrito, un contexto social e familiar que induce tal aprendizaxe e unha pronunciación óptima da lingua. Mentres que unha lingua estranxeira presenta outras características, tales como a aprendizaxe consciente dela, a adquisición por contexto real por viaxes ou estancias no estranxeiro e unha posibilidade, na lingua materna inexistente, de bloqueo cognitivo. Nas dúas se incluía a motivación, aínda que de distinto tipo en cada caso. Na materna a motivación é sen darse conta, polo simple feito de que temos o cerebro programado para aprender linguas e pola necesidade de comunicarnos co exterior e na lingua estranxeira por circunstancias persoais, como por un interese específico, traballo, etc.

Na aula tamén xurdiu o tema do propicia que sería unha aula coas mesas e cadeiras colocadas en forma de U. Eu persoalmente difiro desta opinión, porque xa estiven sentada deste xeito noutro estudo e acabei cambiando de sitio e sentándome nunha das mesas nas que estaba de fronte ao taboleiro, debido á dor de pescozo que me producía ter que mirar cara o lado durante 5 horas seguidas. Si me parecería adecuado que houbese mesas en forma de U, para así poder ter grupos nas aulas de 3 en 3 e favorecer a comunicación e a participación en grupo, e así só habería que mover as mesas e poderíanse organizar sinxelamente debates cando se necesitase.

Tamén falamos do concepto de palabras transparentes, que son aquelas que se parecen á nosa lingua materna. Aprendín que o 75 % da carga léxica do inglés ven do francés e do latín, que se trata dunha falsa lingua xermánica, aínda que tamén teña similitudes co alemán, sobre todo nos verbos. Deste xeito, é moi adecuado facer ver aos alumnos que sempre hai un plan b ao intentar acudir a palabras transparentes para memorizar o vocabulario e así poder saír do apuro. Este tema tróuxome de repente un recordo dunha clase durante a miña estancia Erasmus en Frankfurt, cando nunha clase de tradución do alemán, na que tiñamos que ler unha peza dun libro bastante longa, a profesora (unha arxentina moi preparada), intentou acudir a esta técnica para que vísemos que podíamos descifrar algúns conceptos do texto sen necesidade de dicionarios. Desafortunadamente, penso que esta táctica co alemán literario pode non servir moito de axuda, posto que moi poucas palabras tiñan raíz latina e non nos serviu de nada para quitar sentido ao texto. Pero si nos explicou este truco que tiña totalmente esquecido, e esta mención foi como un déjà vu das miñas clases no Erasmus.

A continuación, vimos a diferenza entre os seguintes conceptos: lingua inicial, lingua segunda, lingua estranxeira, lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. Neste punto o profesor fíxome ver que o castelán era a miña lingua segunda e o portugués a miña lingua inicial, cousa que xa sentía, pero que non o pensara morfoloxicamente falando.

Para rematar a clase fixemos unha actividade que se chamaba A pirámide, e que consistía nun debate primeiro de a dous, logo a catro e finalmente a oito. Así, entre todos, acádanse distintas conclusións e extráense as que comunmente se consideren máis válidas. É unha maneira moi interactiva e acertada de reunir coñecementos e conseguir as respostas máis axeitadas.

En conclusión, leveime moi boa impresión desta aula, na que o tempo se me pasou voando (cousa que ata entón non se dera) e saín con moitas novas ideas aprendidas. Encántame cando sinto que o meu tempo estivo tan ben invertido.


sábado, 7 de enero de 2017

TEMAS 7 e 8: O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna / A situación de España nos países da nosa contorna

O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna / A situación de España nos países da nosa contorna

A situación de aprendizaxe en España dista moito do estilo, e tamén do resultado, dos outros países de Europa.

Hoxe en día fálase cada vez máis da imperiosa necesidade de dominar idiomas sobre todo para progresar no ámbito laboral, e tamén para poder defenderse no caso de ter que cambiar de país de vivenda debido á alta taxa de deslocalización de empresas debido á globalización.

Nestes temas faise unha análise dos sistemas educativos nos países que máis destacan nos resultados dos informes PISA creados pola OCDE para avaliar o nivel dos estudantes a nivel internacional. Céntranse en tres áreas: matemáticas e coñecemento lóxico, comprensión lectora (materias de linguas) e ciencias (coñecemento científico). E sempre aparecen en primeira plana nos xornais e telediarios.

Desde o meu punto de vista, estes resultados non aportan moito valor real ao sistema educativo, posto que a OCDE é a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos, que non ten nada que ver con ensinanza, didáctica ou pedagoxía, co cal o que realmente buscan é que a xente estea formada adecuadamente coas destrezas buscadas para conseguir man de obra eficiente para as empresas, non necesariamente ben formada en cultura e valores. Opino que se trata dunha estratexia ben organizada polas grandes empresas que manexan as cordas desde detrás dos gobernos para facer alumnos competitivos entre eles e con destrezas adecuadas ao que eles buscan, e que non velan pola formación real das persoas.

De calquera xeito, é indiscutible que algúns destes países analizados están na cabeza dos listados por cadenseu destacado motivo, e eses motivos son os que se analizan a continuación.

Empezamos polo caso finlandés, que é o máis interesante polas súa situación de mellora repentina en moi poucos anos e que consiguiu alcanzar o podio. No caso finlandés, este tratábase dun dos países menos destacados en grao de educación, posto que ao tratarse dun país con poboación moi reducida e pouca capacidade monetaria, a maioría do seu presuposto ía dirixido ao gasto en defensa. En canto a situación do país cambiou, eses gastos pasaron a inverterse en educación e tecnoloxía.

A ensinanza finlandesa está baseada na aprendizaxe a través do método construtivista. Este conclúe que, para que se obteña unha aprendizaxe real e non pasaxeira, esta debe ser levada a cabo polo propio suxeito a través da súa acción activa e consciente, e non simplemente retransmitido.
Cabe destacar que existen tres teorías do constructivismo realizadas por os tres autores máis destacados e recoñecidos que son Piaget, Vygostsky e Ausubel. A primeira explica que o suxeito interactúa co obxecto de coñecemento, a segunda, que o coñecemento se forma coa interacción cos que nos rodean e a terceira, asegura que só así o coñecemento pode ser significativo para o suxeito.
Así trátase dunha aprendizaxe única, baseada nuns contidos, un método e uns obxectivos, construída a partir dos coñecementos previos, que favorece o desenvolvemento dos procesos creativos e cognitivos, alcanzando así unha aprendizaxe real ao ter contacto directo coa experiencia real.

Na aula vimos unha entrevista coa profesora finlandesa Maria Peteri. Contaba que os pais recibían clases para aprender as materias e poder logo así axudar aos seus fillos. A profesión de docente ten moito prestixio social e está moi ben remunerado, só os máis preparados poden acceder ao posto.
O currículo é moito máis extenso que en España e está máis adaptado á realidade. Así tamén, por lei, ningún alumno pode vivir a máis de 5 km da escola, deben poder ter acceso a un colexio próximo. E o número máximo de alumnos permitidos por aula é de 24.

Ademais, se ven que algún alumno ten problemas académicos, asígnaselle unha axuda. Basean o seu sistema educativo na política ética de: “No child is left behind”.De acordo cos datos actuais, un 43 % do alumnado repetiu algunha vez en España, algo que en Finlandia non acontece porque o sistema non permite que aconteza, dado que inverten todos os seus esforzos en facer que pasen.

Así mesmo, a sociedade tamén desenvolve un papel moi importante no esforzo dunha boa educación, porque ademais de colaborar na aprendizaxe, tamén reciben permisos de paternidade pensados para criar os fillos da maneira máis responsable posible, e tamén se lles facilita o contacto cos centros para o seguimento académico dos fillos e as ausencias no traballo polas visitas á escola para falar cos titores.

Outro detalle que tamén cabe destacar, é a importancia do ensino público, así como a mentalidade xeral dunha sociedade que basea o seu funcionamento total nas institucións públicas. Inverten unha gran cantidade dos seus soldos en impostos para que o país funcione, cren no bo funcionamento do seu sistema e todos os cidadáns participan para que siga polo bo camiño. Por isto, os pais teñen acceso en calquera momento ás aulas e a ver o que alí se ensina, así como a ver como desempeña o seu papel o docente. Nin desconfían nin se enfrontan, todos se unen para loitar polo ben común e o avance da sociedade. E así, é como Finlandia encabeza a lista dos resultados PISA, non centrándose en acadar bos resultados, senón centrándose en evolucionar e crecer como sociedade conxunta.

O modelo canadense.

Neste caso, ao tratarse dun país tan extenso, o seu sistema educativo está dividido por rexións. As 10 provincias teñen os seus plans de estudo e coordínaos da maneira que considera máis apropiada. Cada territorio presenta o seu tipo de ensinanza. Así, teñen consellos escolares locais.

Valoran moito a diversidade e a educación é gratuíta e obrigatoria. Neste caso tamén teñen escolas privadas, pero por unha causa distinta que á de España, senón pola de que haxa liberdade de culto. Consideran a educación relixiosa como algo fundamental de libre elección.

A inversión económica que reciben do estado é proporcional áo número de alumnado que teñan as comunidades, aínda que tamén ás necesidades especiais dos alumnos.

Presentan un elevado grao de respecto cara o bilingüismo, de aí que valoren tanto a ensinanza de idiomas.

Ademais, aportan atención personalizada aos alumnos inmigrantes (ou ben que non coñezan a lingua ou que non coñezan a cultura) e así un coordinador aténdeos a tempo completo.

A educación está especializada en destrezas laborais. As materias obrigatorias e de libre elección teñen orientación laboral ou de requirimentos que se lle esixan de aquela universidade á que queren ir. Desta maneira, evitan o abandono escolar por parte de aqueles estudantes que atopan traballo.
Teñen un programa de avaliación continua, coñecido como programa de avaliación pancanadiense. Este comproba de forma periódica o nivel dos estudantes en lectura, matemáticas e ciencias en cada unha das rexións (sistema anterior ao dos análisis PISA).

Atenden á diversidade nas aulas. Parte das subvencións vai destinada á educación especial. Esta educación especial pódese dar de maneira paralela nas aulas ou individualmente en clases separadas. Así avalían a evolución de cada neno.

Dan moita importancia á educación social e emocional. Teñen programas excelentes para prevenir o bullying e para tratar a empatía. Pretenden crear persoas comprometidas e solidarias (cabe destacar que Dinamarca é outro país onde tamén coidan moito este aspecto na educación).

Ao igual que aquí, teñen escolas primarias e secundarias, e logo teñen institutos técnicos con programas de estudos preuniversitarios.

Tamén teñen escolas de idiomas públicas e privadas. Languages Canada son agrupacións de máis de 130 escolas de idiomas, moitos para inmigrantes. En Québec chámase franceization.
Con todo estes factores, pódese entender por que destacan como un dos países con mellor sistema educativo, porque inverten en formación e na preocupación social dos membros da súa sociedade.

O modelo xaponés

Este caso tamén é moi destacado, aínda que bastante controvertido por ser excesivo.
Aquí, o currículo establécese a nivel nacional.

A lexislación educativa é estable e duradeira (dende o 1947). Produciuse unha revisión no 2006 pero sen cambios substanciais, só para introducir materias que promoveran o civismo, o respecto pola tradición e a cultura. Queren formar individuos independentes. É unha educación moi resolutiva.
Educación maioritariamente pública e gratuita: Primaria, secundaria inferior, secundaria superior e universitaria. Os libros están fixados polo Ministerio de Educación, e son eles quen se encargan de distribuílos de maneira gratuíta.

Teñen bastantes materias de formación en valores: economía doméstica (cociñar, coser, artes tradicionais xaponesas como caligrafia (shodo) ou poesía (haiku). Tamén teñen cursos de educación moral.

Considérase esencial que os alumnos desenvolvan unha conduta cooperativa, disciplina de grupo e respecto as normas. Deste xeito, son fundamentais as normas, a cooperación e a disciplina de grupo.
O esforzo é esencial e a competitividade alta.  O éxito está no esforzo, non na habilidade e estratexias.

Si un neno vai mal no colexio é unha vergonza para a familia e para o país. Un neno non pode avergonzar a familia. Non pode haber nenos vagos porque hai moita presión e é unha aberración. Non cabe lugar.

Priman a habilidade para resolver problemas. Currículo esixente en canto aos contidos, que é moi amplo e moi exhaustivo. Na aula plantexan problemas que los alumnos teñen que resolver. Non se trata de memorizar senón de ser capaces de resolver as cousas.

Na escola non só se estuda. A comida tráenna eles e tamén limpan o centro. Uns limpan os pupitres, outros cociñan etc. Enfócanse en saber o que é o traballo e en equipo.

Estúdase moitas horas e fanse deberes. Deben praticar Kanji (sistema de escritura)
As súas vacacións son de tan só 10 días ao ano. E incluso fan deberes nelas (soe ser un proxecto que elixen eles)
Os mestres son moi respectados. Historicamente debían pertencer á clase Samurai. Unha das profesións mellores pagadas do país.

Ao igual que en Finlandia, tamén existe a idea de educación en grupo. O país está obrigado a involucrarse na educación, se o seu fillo presenta problemas na escola, están obrigados a pedir que un especialista lle axude.

Por toda esta insistencia e presión é polo que Xapón sempre queda entre os primeiros postos nos resultados PISA.

O modelo Surcoreano

Este modelo é moi similar ao xaponés.
Os aspectos máis destacados desta ensinanza son a inversión económica que nela se inverte, a cualificación do profesorado e o prestixio social que este presenta.

Trátase dun país con moi poucos habitantes e ven a educación como un medio para saír da pobreza.
Os estudantes dedican literalmente todo o tempo da súa vida en ser o mellor e moi competitivo, e debido a isto teñen unha taxa de suicidios incriblemente alta, de uns 40 estudantes ao día, debido ao estrés que lles produce. Ademais, confesan que un 51 % dos estudantes pensou algunha vez en quitarse a vida.

Só teñen tres universidades moi competitivas e é moi difícil entrar nelas.

Evidentemente, este é un modelo que ninguén debería seguir pola súa falta absoluta de cordura e sentido para a vida.

En resumo, o modelo que máis envexa podería dar é o de Finlandia, aínda que tamén opino que a vida non xira en torno aos estudos, e que si en España se introducise o sistema comunicativo, se ampliase o número de profesores e se se lle dera o valor á educación que realmente ten, penso que é un bo modelo do que estar orgulloso, posto que os estudantes saen moi ben preparados, definitivamente mil veces máis preparados que para os traballos cos que posteriormente se lles premia. Se queren facer cambios útiles en España, que empecen pola promover os valores éticos e o respecto, e o resto xa virá só.

TEMA 6: A metodoloxía CLIL

A metodoloxía CLIL

A metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) é unha metodoloxía que se basea na aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira. Busca que a aprendizaxe se leve a cabo dun xeito natural nun contexto propicio con que os alumnos poidan gozar del e conseguir unha aprendizaxe máis efectiva.

O primeiro principio desta metodoloxía di que a lingua se emprega para aprender contido da área, máis tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar. Así, este método pódese aplicar a calquera área, sen tratarse necesariamente da lingua estranxeira, podendo así empregar o método en calquera outra materia, porque o uso da lingua é significativo e non o obxectivo único da aprendizaxe. Desta maneira os estudantes poderán aprender todo o vocabulario relacionado coa temática dun xeito moito máis real e cun contexto pleno. Por conseguinte, o profesorado CLIL que pretenda levar a cabo este sistema na súa materia, deberá ter interiorizado non só o currículo da materia senón tamén o currículo lingüístico.

O segundo principio dita que a materia que se estuda é a que determina o tipo de lingua que se necesita aprender. Así, dependendo da materia, entrenaranse máis unhas destrezas ou outras, e tamén as estruturas ou tipos de discurso das linguas.

O terceiro principio deste método propón que a fluidez é máis importante que a precisión gramatical e lingüística en xeral. O obxectivo con este é asentar a confianza do alumno no uso da lingua. Con todo, o profesor prestará atención nisto e aproveitará cada oportunidade para intentar asentar as estruturas correctas lingüísticas e gramaticais.

Un concepto clave para traballar a forma lingüística é o concepto de scaffolding ou andamiaxe. O scaffolding refírese a un conxunto de técnicas que buscan a mellora progresiva do estudante na traxectoria cara unha aprendizaxe máis avanzada. Céntrase na capacidade de resolución de problemas e de outras estratexias dos alumnos. Así, o profesor busca conseguir que saia deles mesmos a resolución dos problemas, facilitándolle medios para conseguilo pero sen proporcionar directamente as respostas. O andamiaxe clasifícase en tres tipos: de recepción (asegura que o alumnado extrae a información relevante), de transformación (aporta estratexias para transformar a información en algo novo) e de produción (apoio para crear ou producir algo novo).

A metodoloxía basease nos catro conceptos coñecidos como as 4 C’s do currículo de Coyle, que implican que unha lección CLIL correctamente deseñada deberá incluír os seguintes elementos: contido (progresión no coñecemento e destrezas relacionados cos elementos dun currículo relacionado), comunicación (uso da lingua mentres se aprende a lingua), cognición (desenvolvemento de destrezas de pensamento para relacionar conceptos, comprensión e linguaxe) e cultura (exposición das distintas interpretacións compartidas).

Hai catro principais características que destacan nesta metodoloxía. A primeira é que se trata dun ensino centrado no alumno. Polo tanto, as tarefas negócianse con eles para facelos partícipes na aprendizaxe e así sentir un grado maior e interese e involucración.
O ensino parte do particular ata chegar ao xeral, e o traballo enfócase en tarefas con roles determinados.

Outra característica destacada é que se trata dunha ensinanza flexible e facilitadora. Prima facilitar a comprensión do contido e do contexto, adaptalo aos distintos estilos de aprendizaxe e o emprego de estratexias lingüísticas.

Ademais, é unha aprendizaxe interactiva e autónoma. O traballo realizase por grupos ou parellas e lévase a cabo mediante procesos de descubrimento e investigación.

Por último, ao ser unha aprendizaxe enfocada por tarefas, promóvese a aprendizaxe paso por paso, así como a comunicación co equipo e as estratexias de atención e de comprensión. Tamén aprenden a avaliar o traballo posto que se utilizan rúbricas para avaliar aos pares, aprendendo así o que é importante nunha boa redacción.

Sen dúbida, este tipo de aprendizaxe ten moitas vantaxes, e por iso se optou por integralo no currículo en diversos centros. Moitas veces coñécense como centros plurilingües.
Para isto, hai que ter moi ben organizada a programación do curso e analizar todas as necesidades do alumnado, as competencias básicas, os obxectivos e contidos, e saber facer bo uso das palabras clave e estruturas gramaticais necesarias, así como poder facilitar materiais apropiados e adaptar a lingua ás necesidades do alumnado.

Implantar isto no currículo trátase dunha tarefa custosa porque require de moitos recursos, pero que persoalmente considero altamente efectiva. Como participante do grupo bilingüe durante os cursos de terceiro e cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato en determinadas materias, sinto que realmente puiden obter vantaxe no idioma e máis soltura ao intentar desenvolverme nel e ao oílo do que tiñan os outros compañeiros. Considero que é unha iniciativa moi interesante e que todos os centros deberían considerar ofertar para que os alumnos de todas partes tiveran as mesmas oportunidades.