Deseño curricular
O deseño
curricular é un factor moi importante no enfoque do ensino dunha materia.
Trátase daquela parte do currículo que recolle a metodoloxía, as accións e o
resultado de diagnóstico, a reestructuración e a organización dos proxectos.
Pretende obter un proceso de aprendizaxe o máis eficaz posible e a avaliación
continua deste posibilita o seu perfeccionamento.
O currículo é a
regulación dos elementos que determinan
os procesos de ensino e aprendizaxe en todas as ensinanzas, e existen unha
lista de elementos esenciais que todos os currículos da ESO e Bacharelato a
nivel europeo deberán incorporar. Estes elementos son os seguintes: os
obxectivos de cada ensinanza e cadensúa etapa, as competencias, os contidos, os
estándares de aprendizaxe avaliábeis, os criterios de avaliación e a
metodoloxía didáctica.
As competencias
que será necesario reflectir no currículo son a comunicación lingüística, a
competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a
competencia dixital, as competencias sociais e cívicas, o sentido de iniciativa
e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais.
A competencia
lingüística fai referencia á capacidade do estudante de expresarse sendo capaz
de adecuarse aos distintos contextos. Así, os alumnos deberán ser capaces de
saber expresarse en función da situación comunicativa, dos distintos rexistros,
comprender o lido e saber recompilar e procesar a información e dar unha
resposta apropiada dependendo da situación concreta esixida. Así como tamén
poder desenvolver un pensamento crítico e construtivo do aprendido.
A competencia
matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía inclúe todos os
coñecementos relacionados coas áreas científicas. Isto abarca tanto as propias
áreas da materia, como a xeometría, álxebra ou estatística, e tamén todo o
relacionado co uso do pensamento científico para analizar e interpretar
resultados matemáticos. Ademais da resolución de problemas, da toma de
decisións de cara o avance nos procesos científicos. Así como tamén o dominio
das ferramentas tecnolóxicas.
A competencia
dixital implica a habilidade á hora de saber utilizar os recursos e ferramentas
dixitais, así como coñecer todas as vantaxes e riscos que conlevan, e ser
capaces de seleccionar a información útil e verdadeira.
As competencias
sociais e cívicas abarcan a comprensión e interiorización dos códigos de
conduta na sociedade. Implican a comprensión dos conceptos de igualdade entre
homes e mulleres e tolerancia con outros grupos étnicos e culturas. Así como
tamén a importancia da solidariedade e da preocupación polos dereitos humanos e
o benestar social.
O sentido da
iniciativa e espírito emprendedor refírese á capacidade de ter éxito no ámbito
laboral e persoal, sendo capaces de adaptarse aos cambios da sociedade e de
atopar as mellores oportunidades para o seu futuro, así como de crear eles
mesmos os seus propios proxectos.
E por último, en
canto á conciencia e expresións culturais, esta área fai referencia a todo
aquilo relacionado co respecto e aprecio pola cultura herdada, así como tamén
coa capacidade de facer valoracións propias e aplicar a súa propia creatividade
para desenvolver o arte.
O deseño
curricular tamén reflicte os grados de concreción. O Goberno é o que dita as
leis orgánicas e os reais decretos, o Ministerio de Educación e o Goberno
Autónomo determinados decretos, ordes, resolucións e disposicións e os centros
os proxectos educativos e curriculares e as programacións.
O Goberno do
Estado impón os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliábeis e o
horario lectivo mínimo do bloque de disciplinas troncais e específicas. Así
mesmo tamén determina os criterios de avaliación final do logro dos obxectivos
e as características das probas de avaliación final de secundaria e
bacharelato.
O Goberno
Autónomo complementa os contidos do bloque de disciplinas troncais, establece
os contidos dos bloques de disciplinas específicas e de libre configuración
autonómica, realiza recomendacións de metodoloxía didáctica, fixa o horario
lectivo máximo que corresponde aos contidos das disciplinas específicas e de
libre configuración, fixa o horario correspondente aos contidos das disciplinas
dos bloques de disciplinas específicas e de libre configuración, complementa os
criterios de avaliación dos bloques de disciplinas troncais e específicas e
establece os criterios de avaliación das de libre configuración e establece os
estándares de aprendizaxe avaliábeis relativos aos contidos das disciplinas de
libre configuración.
Os Centros
docentes teñen a liberdade de complementar contidos, deseñar e implantar
métodos pedagóxicos e didácticos propios e de determinar a carga horaria.
En canto ás
linguas estranxeiras, as horas veñen determinadas tanto na ESO como no Bacharelato
polo Goberno central.
No que
corresponde á Formación Profesional, recentemente introduciuse uha FP Básica de
dous anos que ata agora non había. Os ciclos medios e superiores seguen da
mesma maneira, coa novidade de que tamén se introduciu o ciclo dual, que inclúe
formación en empresas.
Tanto como para
os FP, como para a ESO e Bacharelato e para a EOI, se estandarizaron os niveis
do marco europeo para cumprir coa normativa e se impuxeron os niveis concretos
que en cada ámbito se deben acadar.