Sesión 2 Ana –
Comprensión escrita/lectora
Empezamos cun
Warming Up moi divertido cun toque ético de sobre cal sería a nosa maneira de
actuar ante una situación de cúmulo de circunstancias na vida diaria. Sen
dúbida a miña maneira de actuar tíñaa moi clara, primeiro non armar un cristo
na cociña, logo o bebé, logo os timbres porque o descoñecido non prima en
absoluto ante o persoal e por último a roupa, se se molla xa se volverá a
lavar, será por roupa…
Sen dúbida este
tipo de actividades son moi divertidas e interesantes para captar a atención do
alumno, que desconecten da asignatura anterior e outras distraccións persoais e
pasen a centrarse nas actividades comunicativas.
Fixemos un
exercicio de proba de que os alumnos non len os exercicios, cousa que me
recordou moito a min. O certo é que creo que é algo humano lanzarse a intentar
resolver o problema sen analizar a situación correctamente antes, igual creo
que é pola presión da sociedade de facer todo a correr, de que canto antes se
faga máis efectivo se é, cando é mentira. Canto mellor se faga máis efectivo é,
porque se eliminan os posibles posteriores arreglos.
Ana tamén nos
comentou a estratexia de poñer a principios de curso un texto de selectividade
e a finais de curso volverllo a poñer, para darse conta así dunha maneira real
de canto melloraron, levantándolle isto a autoestima e confianza en si mesmos
de cara a esta proba. Isto paréceme moi importante na aprendizaxe de idiomas, a
ausencia de vergoña e confianza para progresar. Algo que sen dúbida eu
traballaría desde o primeiro día intentando crear un bo ambiente na aula.
Logo vimos unha
actividade para a adquisición de adxectivos que se pode propoñer e que da mesma
maneira tamén fomenta o aumento da confianza en si mesmos, que consiste en
describir as cualidades do compañeiro e cales non ten e lles gustaría ter. Polo
xeral soen ser benevolentes e só pola curiosidade que terían, prestarían moita
atención, quedaríanse co vocabulario e sacaríalles un sorriso.
Durante a
transición da aula, Montse fixo un comentario moi interesante dun recordo que
tiña da súa clase de inglés cando estaba de alumna no instituto e a súa
profesora era esta mesma. Ese recordo trataba de que nunha ocasión, unha das
compañeiras de instituto ou ben copiara ou lle fixeran a redacción que había
que entregar. A estratexia inmediata da profesora para sancionar e resolver
isto foi preguntarlle nada máis chegar a clase ao día seguinte por determinadas
estruturas ou vocabulario que contiña esa redacción. Ao non sabelas, resultou
evidente o delito e, aparte de ter que repetilo, non lles quedaría ganas de
volver a copiar.
Tamén vimos os tipos de lectura e como se deben levar a cabo para que sexa eficaz, falarlles deles e da importancia de buscar aspectos clave e información específica para poder sacar o máximo proveito posible para solventar as tarefas.
Tamén vimos os tipos de lectura e como se deben levar a cabo para que sexa eficaz, falarlles deles e da importancia de buscar aspectos clave e información específica para poder sacar o máximo proveito posible para solventar as tarefas.
Parécenme todos
xeitos moi acertados de desenvolver unha clase de idiomas. Dinámica, proactiva
e con moito interese. Ademais de asentar bases e sentir esa tranquilidade na
aula que lles leva a estar máis relaxados (porque a tensión nunca levou a nada)
e adquirir mellor os coñecementos. Sen dúbida sempre tirarei de polo menos unha
actividade interactiva en cada clase para que esta se faga máis levadeira e se
relaxen. E tamén teño moi claro que a mediados-finais de cada aula preguntarei
o vocabulario repetidas veces para que o vaian memorizando, asegurándome de que
se levan os conceptos clave e o vocabulario máis destacado.
Boa reflexión.
ResponderEliminar